Hoxe inaugurase “Bravas”, mostra colectiva de 8 mulleres artistas en Caldiae Factoría Cultural

“Bravas “é o título dunha exposición colectiva de oito mulleres artistas que se inaugurará hoxe martes, 3 de setembro ás 21:00 horas en Caldiae Factoría Cultural. A mostra forma parte da Programación Cultural Anual dedicada a mulleres artistas impulsada por Lugonovo, en colaboración con Caldiae.

A exposición inclúe pezas de pintura, fotografía, cerámica e deseño das artistas María Mata, Bego Pérez, Luz Arias, María Sánchez, Luisa Paz, Gema López, María Nogueira e Camino Casabella, que presentan unha diversidade de representacións empoderadas da muller a través de varias disciplinas e enfoques.

Esta Programación Cultural Anual, coordinada por Camino Casabella, consiste nunha serie de exposicións que se suceden ó longo do ano, e está sendo promovida por Caldiae e Lugonovo para loitar contra os prexuízos de xénero e a discriminación sistemática das mulleres na cultura, un problema que afecta especialmente ás artistas galegas. Trátase de proporcionarlles unha abundancia de oportunidades, apoio e visibilidade, algo vital para a súa carreira, especialmente nun contexto de crise prolongada no ámbito galego da arte.

En palabras de Camino Casabella, “Estamos decididos a darlles a tódalas artistas a ocasión de entrar no ámbito profesional da arte. A desigualdade pon en perigo o futuro da nosa cultura, e a única forma de rachar con este ciclo é organizando iniciativas para difundir a obra da seguinte xeración de artistas. Todo o mundo se beneficia dun eido
cultural onde existe igualdade. É hora de que as institucións fagan o mesmo ca nós.”

A exposición poderase visitar ata o 22 de setembro, de xoves a domingo, entre as 18:00 e as 22:00 horas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com