O IES Sanxillao, referente da FP nas ensinanzas de hostalería

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, destacou que o Instituto de Educación Secundaria (IES) Sanxillao de Lugo converteuse nun referente dentro das ensinanzas de Formación Profesional relacionadas coa hostalería, con cotas de inserción laboral que superan o 70%. 

Balseiro explicou que a taxa de inserción laboral media da familia de Hostalería do centro está no 73,2 por cento, e “incluso en ámbitos como a Dirección e Servizos en Restauración, esa taxa chega ao 100 por cen”. O delegado realizou estas afirmacións no marco dos actos de conmemoración do 25 aniversario da apertura do centro, onde aproveitou para gabar “o esforzo de toda a comunidade educativa, que fixo posible estes logros”.

Neste sentido, asegurou que “non só celebramos 25 anos de educación pública de calidade, senón que este acto serve tamén para poñer en valor o traballo de todos os que construíron a historia deste centro, representados nestes 8 profesores que hoxe reciben unha homenaxe”.

Así mesmo, incidiu na “importancia estratéxica que a formación profesional terá na vindeira década” e engadiu que o Sanxillao “exemplifica as vantaxes deste sistema con proxectos como os que aquí se impulsan, capaces de formar profesionais de grande prestixio e calidade”.

O centro conta actualmente con 652 alumnos, dos cales 315 son da ESO, 151 de Bacharelato, 37 de FP Básica, 80 de ciclos medios de FP, 42 de ciclos superiores de FP e, en educación para adultos, 11 de ciclos medios e 16 de ciclos superiores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com