III Edición do Premio Lugo Monumental de animación na rúa

A asociación de comerciantes Lugo Monumental ven de publicar as bases da III edición do Premio Lugo Monumental de animación na rúa, así como o cartel anunciador.

A mecánica do concurso é a mesma que a de anos anteriores. Calquera grupo que desexe participar pódese inscribir gratuitamente neste, mediante o formulario que pode descargar coas bases na web www.lugomonumental.es, ou acudindo a calquera dos 44 locais participantes.

Os grupos deberán potenciar a animación do carnaval no casco histórico, xa que serán os locais participantes os que xulgarán quenes son os gañadores, outorgando cada un dos locais 1, 2 e 3 puntos ás tres agrupacións que consideren que máis animan a rúa. Os vencedores serán os tres grupos que sumen máis puntos.

Os premios son os seguintes:

. 1 o Premio: vales por 600,00 euros

. 2 o Premio: vales por 300,00 euros

. 3 o Premio: vales por 100,00 euros

Os vales terán un valor de 50,00

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com