Importante descenso no número de casos activos na área sanitaria de Lugo

A área sanitaria de Lugo rexistrou este domingo unha importante baixada no número de casos activos, en concreto 98 menos. Isto debese aos pacientes que recibiron a alta, 128, e os novos positivos, 30 (31 menos que onte). En total o número de casos activos por coronavirus é de 967, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  na súa última actualización

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia tamén rexistra un importante descenso, baixando dos 8000, en concreto son 7.904;  deles 1.675 son da área da Coruña, 967 da de Lugo, 473 da de Ourense, 1.136 da de Pontevedra, 2.099 da área de Vigo, 866 da de Santiago, e 688 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 81 están en UCI, 388 en unidades de hospitalización e 7.435 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 42.856 persoas curadas, rexistrándose 1.193 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 894.592.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com