" />

Impresionante manifestación polo futuro de Alcoa en Lugo

Traballadores  e cidadáns participaron este sábado na manifestación convocada polo comité de Alcoa San Cibrao na cidade de Lugo para obrigar á empresa a que venda a fábrica e non apague as cubas da planta de aluminio  instalada nos concellos de Xove e Cervo.

O eixo fundamental da manifestación, que saiu da esplanada da Delegación da Xunta en Lugo e rematou diante da subdelegación do gobern,  era o apoio ao mantemento da actividade na planta. Con cánticos  e estalidos de potentes petardos, os manifestantes exixían coa máxima contundencia que as administracións actuen con celeridade e responsabilidade para que as comarcas mariñás sigan tendo futuro.

 Do que se trata, neste momento, é de salvar a planta e por ende  os empregos. Para elo é necesario que todos os partidos políticos, así como todas as institucións se involucren, sen medias tintas, en conseguir que a factoría siga aberta, para que  as comarcas do norte da provincia non queden arrasadas e sen futuro. Hai que facerlle fronte a Alcoa e para iso hai que contar con todas as forzas políticas, todas deben remar na mesma dirección. Así que, nas súas máns esta o futuro desta provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo