Mañá mércores ás oito da tarde na Casa das Palabras de Guitiriz, inaugurarase a exposición “Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor. Estarán presentes a viúva e fillos do escritor, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín.
A exposición está enmarcada dentro do Proxecto Manuel Rodríguez López, mostra de difusión da vida e obra do escritor, apoiado polo Concello de Paradela, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega. A mostra, que se inaugura en Guitiriz con motivo do Festival de Pardiñas, estará aberta durante todo o mes de agosto.