" />

Iñaki García renuncia á súa acta como edil por sentirse “ninguneado” en Lugonovo

O concelleiro de Lugonovo, grupo afín a En Marea, Iñaki García anunciou hoxe en rolda de prensa a súa renuncia ao cargo de edil tras sentirse “ninguneado” pola súa organización. Para Iñaki os seus motivos son similares aos que, no seu momento, hai case un ano, levaron ao exvoceiro da agrupación, Santiago Fernández Rocha, a renunciar tamén á súa acta.

Para Iñaki García a falta de pluralidade na actual coordinadora da agrupación municipal leva a que “as votacións no pleno e os asuntos nos que pór o foco son os que decide a coordinadora” e, aínda que se lles deixa dar a súa opinión, “sempre se condiciona o voto ao criterio da coordinadora onde xa non hai confluencia nin pluralidade”.

García lembrou como, hai meses, integrantes de Podemos abandoaron a plataforma municipal alegando “falta de transparencia” e asegurou que agora son os membros de Anova os que abandonan o partido. O número 7 da lista, Elías Castro, renunciou tamén a incorporarse ao grupo municipal. O edil asegurou que abandonan a plataforma uns 25 compeñentes.

Pola súa banda, Lugonovo lamentou hai escasos minutos a marcha de García Gómez que, en próximos días, fará efectiva a súa dimisión como concelleiro do Grupo Municipal. A Coordinadora da agrupación manterá esta mesma tarde unha reunión para abordar os cambios que se producirán, como consecuencia, na configuración do partido coa vontade de que estes últimos acontecementos non afecten ao traballo da organización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo