" />

Inauguración de éxito na Sala Tebras con Xoel López Trío

Música de fondo, luces vermellas, estreando sala e coas entradas case esgotadas. Así recibiu o público lucense a un Xoel López Trío Acústico que non defradou aos que acudiron a Sala Tebras, no día da súa inauguración. A serea e o mariñeiro arrancaron a noite entre aplausos que xa presaxiaban o gran éxito que cantante, e sala, colleitarían ao final da noite.

Unha das maiores salas de concertos de Galicia abría na noitiña de onte as súas portas en Lugo para afianzarse entre o público como a sala de referencia. Un feito que refrendou o público ateigando as instalacións situadas na Praza Viana do Castelo, para escoitar os acordes do músico coruñés; un concerto enmarcado no ciclo ‘Escenarios Vibra Mahou’.

Xoel López presentou o seu novo traballo, Sueños y pan, no que mestura pop con sintetizadores e o son máis da terra: a gaita. Pero a provincia de Lugo non faltou no repertorio do artista que non dubidou en cantar Serpes, o tema co que conta as lembranzas da súa infancia no Courel. Este disco pecha a triloxía iniciada con Atlántico e Paramales.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo