14,00 h.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurará o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial (CIAG). No auditorio Neira Vilas do edificio CINC (Monte Gaiás, s/n). foto xoán crespo 27/06/2019

Industria, coñecemento e talento: claves para que Galicia cree un sector aeronáutico sólido

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou hoxe o III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial impulsado polo Consorcio Aeronáutico Galego no que sinalou que Galicia quere marcar tendencia neste eido. Neste sentido, destacou que conta co tecido industrial, os centros de coñecemento e o talento necesarios para crear unha industria sólida e en crecemento.

No evento, que se consolida como unha cita anual imprescindible para o sector e que pon de manifesto o grado de compromiso da Comunidade galega, o titular de Economía indicou que esta industria está en plena expansión explicando as oportunidades económicas e sociais que ofrece.

Con respecto ás económicas apuntou que, segundo o estudo sobre o sector servizos aeronáuticos en España publicado pola Asociación Española de Tecnoloxías de Defensa, Aeronáutica e Espazo (Tedae), a flota de aeronaves duplicarase nos próximos 20 anos e demandaranse novos servizos, o que contribuirá de xeito decisivo á creación de emprego.

En Galicia, esta industria, a través do Consorcio Aeronáutico Galego, aglutina a unha trintena de empresas que factura 130 millóns de euros ao ano e dá emprego a 1200 persoas. Ademais, pasáronse dos 14 operadores de 2015 ás 206 empresas autorizadas pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (Aesa) a peche de 2018 no eido dos vehículos aéreos non tripulados.

No plano social, Conde sinalou que os drons son unha das tecnoloxías máis disruptivas que ofrecen aplicacións que abren novas oportunidades en ámbitos como a agricultura, a seguridade, a vixilancia e a entrega de envíos. Neste senso, puxo en valor o Polo Aeroespacial de Galicia, unha das mellores iniciativas europeas co que a Comunidade galega está avanzando no seu plan de internacionalización.

Recordou, ademais, os proxectos que nel se están  desenvolvendo e que proximamente empezarán a dar servizos á sociedade como o dron mariño deseñado pola Universidade de Vigo e Indra; os tres helicópteros non tripulados con prototipos que xa fan ensaios de voo; o dispositivo creado por Centum, o Lifeseeker, para a localización de persoas desaparecidas, que xa está en fase de comercialización; e a aceleradora BFAero, ubicada en Lugo, e que trata de avanzar en retos globais.

En definitiva, o que busca Galicia é   en espazos compartidos. Engadiu, ademais, que o Polo Aeroespacial de Galicia está demostrando que cando a Comunidade galega suma capacidades é capaz de conseguir os seus obxectivos e de atraer a socios de proxección internacional como é o caso das multinacionais Boeing, Indra e Babcock.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo