Infraestruturas acondicionou a vía de Castelo de Arriba ao HULA

Dende a Concellería de Infraestruturas Urbanas, que dirixe Alexandre Penas, informouse de que o pasado venres remataron as actuacións de acondicionamento da vía de Castelo de Arriba, na parroquia de Castelo. Segundo indican dende a concellería, esta vía é usada a diario por moitas persoas para chegar ao HULA, ademais de pola veciñanza da zona. As actuacións no vial remataron o pasado venres pero os vehículos debe circular con precaución ata que se instale a sinalización de xeito definitivo

A actuación requiriu do permiso da Dirección Xeral de Patrimonio como paso previo para poder iniciar o procedemento de licitación, debido a que unha parte da vía coincide co trazado do Camiño Primitivo.

A concellería de infraestruturas estivo actuando nos últimos meses, e continuará nos vindeiros, nas zonas onde foi moitos anos que non se realizan intervencións, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños da contorna.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com