INTERMODAL SI GALPÓNS NON

A Plataforma Lugo…non perdas o tren, ante a formulación que ofrece a Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para a Intermodal de Lugo, obríganos a ser desconfiados cos seus plans e o seu escurantismo e ter que continuar reivindicando.

Lugo tiña xa un proxecto para a súa Intermodal cun orzamento de  arredor de 770.000 euros polo que se pagaron aos adxudicatarios a UTE Eptisa-Junquera-Calter, mais de 160.000 euros. O proxecto que foi paralizado por Ana Pastor cando estaba xa moi avanzado e as súas formas podíanse visualizar nas redes sociais, contemplaba dar cabida a todas as necesidades de intermodalidade, incluíndo todos os modos de transporte no sistema xeral viario de Lugo, contemplando tamén servizos de hostalería e comerciais entre outros.
Agora a Consellería de Infraestruturas quere dedicar 75.000 euros do orzamento de 2017 para un estudo que indique se se póde integrar a estación de autobuses na contorna de Renfe. Non entendemos nada e isto fainos ser desconfiados. Se había un proxecto que contemplaba xa a Intermodalidade, porque hai que dilapidar agora eses 75.000 euros nun estudo innecesario, pois xa estaban contempladas a estación de autobuses e tren no mesmo espazo

Isto lévanos a pensar: 1.- Que non hai interese algún en construír a Intermodal en Lugo malia múltiples promesas, 2.- Que non sabían como aplicar eses 75.000 euros que aparecían no orzamento de 2017 xa que a súa contía non se correspondía con nada, 3.- Que en Lugo quérennos montar uns galpóns mais, 4.- Que segundo eles, Lugo non merece unha Intermodal en igualdade de condicións ás da Coruña, Santiago ou Pontevedra, 5.- Que continúan pensando que Lugo non precisa por coubo de viaxeiros un bo servizo (leste coubo mellorou no último ano, pero ata agora eles encargáronse de minoralo recortado servizos, prezos, horarios e comodidade).
Agradecemos o labor que están realizando representantes de todos os grupos, tanto en Madrid como en Santiago, pero temos que pedirlles que redobren o seu esforzo para que Lugo este en o mapa da alta velocidade e a súa Intermodal sexa decente.
De momento van gastados ou vanse
  gastar un total de 235.000 euros, pero non fixeron nada.
En tanto e ante a parálise das Administracións, a plataforma Lugo…non perdas o tren, quere ver orzamentos para a adaptación da vía entre Ourense, Monforte e Lugo, queremos ver un plan para eliminar todos os pasos a nivel na provincia, queremos ver que Adif ten un interese en servir ao pobo e a todos os posibles usuarios do tren recuperando para os trens MD todas as estacións que foron clausuradas, cun sistema de paradas facultativas, queremos que desde Monforte continúen servizos ata León para completar o entramado de servizos coa nosa xeografía, queremos tamén unha mellora importante nas estacións de Monforte e Guitiriz, queremos que os nosos políticos comecen a falar da vía ferroviaria Lugo – Santiago, queremos que Renfe-Adif promocione os nosos recursos turísticos que son Patrimonio da Humanidade, onde destacan a súa muralla, os camiños a Santiago e a súa catedral, tamén como Vila Termal, queremos uns servizos de mercancías modernos e estruturados.
Queremos investimentos tamén no ferrocarril de ancho métrico (antes FEVE), para non arruinalo nin abandonar servizos programados, tal e como está ocorrendo na actualidade (xa que hai pasaxeiros nas estacións pero o tren FEVE non chega nin ao parecer se lle espera).
Sabemos que Lugo envorcarase si non temos o trato que nos merecemos, por iso imos comezar unha etapa de actividades e a consolidar os múltiples apoios, polo que nos próximos días colocaremos xa pancartas reivindicativas en todos os accesos á cidade. Imos por todas.

Plataforma LUGO… NON PERDAS O TREN.
José Manuel Carballo – Coordinador Plataforma

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com