" />

Investigada unha muller que conducía a 151 km/h nun tramo limitado a 60 da N-VI

Investigada unha muller que conducía a unha velocidade de 151 km/h nun tramo limitado a 60 da estrada N-VI, á altura do lugar de Ramil, en Lugo. Está acusada de cometer supostamente un delito contra a seguridade viaria.

No momento da infracción, os axentes da Garda Civil realizaron sinais á condutora para proceder á súa detención e notificarlle a infracción, pero a muller ignorou os sinais dos axentes e continuou a súa marcha sen se deter.

Os axentes do instituto armado realizaron xestións para coñecer a identidade da condutora, dado que a titular do vehículo era unha veciña de Madrid. Dita muller, preguntada pola identidade da condutora que levaba o vehículo no momento da infracción manifestou que era unha cuñada súa residente en Lugo.

Unha vez identificada a muller pasou a ser investigada como presunta autora dun delito contra a Seguridade Viaria, un delito que contempla penas de prisión de tres a seis meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo