Investigado un camareiro de Lugo por un posible furto de 15.000 euros

Axentes da Policía Nacional investigan a un home, veciño de Lugo, pola súa posible implicación no furto de 15.000 euros dun local no que traballa como camareiro.

Os feitos ocorreron entre os meses de abril e novembro, chegando a denunciarse o día 14 do mes pasado, subtraccións de ata 10,000 euros da caixa rexistradora e de 5.000 euros que había nun sobre na oficina do establecemento.

O home, que foi gravado en diversas ocasións, optaba por non marcar na caixa rexistradora algunhas das consumicións que servía así como por borrar do rexistro importes de consumicións xa anotadas.

Tras a investigación, a Policía Nacional relaciona este furto con outro acometido en xuño no lugar onde residía o investigado e no que desapareceron outros 10.000 euros.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 17, 2019 - 12:02 AM

    E credes que esto é noticiable!!!!!!!!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com