Investigan a procedencia dun corpo sen vida aparecido o pasado sábado na Praia da Areosa

Un corpo sen vida aparecía o pasado sábado nun cantil da Praia da Areosa en Ribadeo, en torno ás 4 da tarde. Ata Ribadeo desprazáronse axentes da Policía Xudicial xunto aos bombeiros de Barreiros e persoal do 061. Dende entón, a Policía Xudicial investiga o sucedido.

O cadáver, que presentaba síntomas de ter levado varios días no mar, era de Rahiff Johannes, de 31 anos, pero aínda se descoñecen as causas da morte. Os axentes tentan averiguar dende donde caeu ao mar o falecido aínda que todo parece indicar que a súa caída ao mar puidose deber a un accidente debido ao que o home levaba encima un billete de avión para viaxar a Alemaña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo