Izal, M-Clan, Amaral e Dorian, entre outros artistas, actuarán nas Noites de Caudal Fest

Izal, M-Clan, Amaral e Dorian serán os cabezas de cartel da terceira edición do festival Caudal Fest, que neste ano reinvéntase para cumprir cos protocolos satinatarios. O ciclo de concertos terá lugar do 3 ao 20 de setembro, cun aforo reducido e que contará con actuacións gratuítas e humorísticas.

En total, serán 12 actuacións de artistas nacionais e galegos que contarán cun aforo máximo de 800 persoas, distribuidas en formato teatro con sillas, e cun espazo de 3 metros cadrados por persoa garantizando a distancia mínima de 1,5 metros entre cada asistente. Os escenarios estarán ubicados en dúas localizacións da cidade: a Praza de Augas Férreas e o recinto do Auditorio Municipal Gustavo Freire. O acceso do público realizarase por fases, controlando a temperatura dos asistentes no momento que realicen a cola e os asentos serán asignados previamente.

Medidas de seguridade

As Noites de Caudal Fest contarán con estritas medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19 entre as que se atopan as seguintes: uso obrigatorio de mascarilla; entradas nominativas; circulación organizada e sinalizada en todo o recinto; carrís separados de acceso e saída; control da distancia de seguridade; tickets e control dixital (sen contacto); puntos de desinfección de mans; amplos espazos para garantir distanciamento social; asistentes para a organización do público; desinfección continua de barras, baños e zonas de traballadores e público; e acceso con 1h30m de antelación.

Entradas

As entradas poñeranse á venda na web www.caudalfest.es o vindeiro luns 10 de agosto ás 12:00 do mediodía. Para cada actuación permitirase seleccionar asentos que serán unipersoais e intransferibles. O prezo dos tíckets irá dende os 12 aos 35 euros, máis gastos de xestión.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. julin 🦉🇪🇸
    Ago 07, 2020 - 01:41 PM

    Creo que no deberia celebrarse x lo del coronavirus va a haber mucha gente y mucha aglomeracion

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com