" />

Jaime Castiñeira esixe ao goberno municipal a eliminación do sistema ORA na cidade

Jaime Castiñeira pide ao goberno municipal que “non hipoteque ao futuro goberno da cidade cun novo contrato do sistema ORA, tendo en conta que o PP aposta pola súa eliminación”.

Durante a súa comparecencia, Jaime Castiñeira explicou que “ temos moi claro o noso proxecto de cidade, na que a ORA non ten cabida”. Nesa liña, reiterou que “coa reforma integral do transporte urbano que acometerá o PP se goberna o Concello a partir do 24 de maio de 2015, reducirase a circulación de vehículos privados nun 20% e isto permitiranos progresivamente ir eliminando a zona azul da cidade”. “É posible que sexa necesario un período intermedio no que o propio Concello sexa quen asuma o control da ORA como paso previo á súa eliminación”, detallou.

En opinión dos populares, a información coñecida hoxe “ratifica e avala o que tantas veces dixemos: que era posible rematar coa relación contractual con Vendex dende hai varios anos”, polo que solicitan ao goberno que aclare “por que razóns o Concello de Lugo lle regalou a unha filial da empresa matriz da Pokemon catro anos de contrato nos que esta empresa recadou máis de 3,5 millóns de euros”. “Dixémolo en moitas ocasións e reiterámolo hoxe: a única beneficiada desta situación é esta empresa, eixe da Pokemon, que leva ingresando diñeiro dos lucenses co contrato anulado dende hai catro anos”, resumiu.

Así mesmo, Jaime Castiñeira explicou que trasladará esta proposta ao vindeiro pleno, co obxectivo de que “nos poucos días que quedan deste mandato, quen deixou pasar tanto tempo sen dar ningún paso non está agora lexitimado para tomar unha decisión tan transcendental”.

Por outra banda, o voceiro popular tamén criticou que o goberno municipal “siga permitindo a esta mesma empresa (Vendex) continuar ocupándose do contrato dos museos municipais, unha vez caducado o contrato e unha vez caducada a súa prórroga, á que os socialistas se acolleron voluntariamente, agora está a facturar con reparos de legalidade por parte do servizo de intervención municipal”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo