Jaime Castiñeira propón potenciar o Miño como piar de turismo natural e multiaventura

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, anunciou que en caso de ser elixido alcalde o vindeiro 24 de maio, converterá ao río Miño en “eixe central da estratexia turística de Lugo”.

Sinalou as enormes potencialidades que, segundo as súas palabras, non se están aproveitando, e que implica deixar pasar oportunidades en materia de creación de emprego e de dinamizador da economía.

Entre as súas propostas, que se resumen en consolidar o río en piar de turismo natural e multiaventura, inclúese a recuperación con fins turístico-deportivos das instalacións da fábrica da luz e as antigas depuradora e potabilizadora, hoxe sen uso, para que funcionen como base para a práctica de actividades como a orientación, o piragüismo, a pesca ou a bicicleta.

Este é o compromiso que lles trasladou nunha reunión que se celebrou  no albergue Boots & Roots, a colectivos vencellados a estes ámbitos.

@jaimecastineira

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo