Javier González liderará a candidatura socialista na Pobra do Brollón

A Agrupación do PSOE na Pobra do Brollón celebrou hoxe unha asemblea extraordinaria para elixir ao candidato socialista á alcaldía do Concello para as vindeiras eleccións municipais. Os militantes elixiron, de novo, por aclamación a candidatura de Javier González González, o actual Secretario Xeral e Voceiro do PSOE. Este axente forestal, natural da Pobra do Brollón, será a segunda vez que encabece a lista dos socialistas para os comicios municipais.

Javier González agradeceu aos compañeiros e aos veciños o apoio amosado para presentar a súa candidatura e destacou que “dende este momento imos traballar para buscar as persoas idóneas para cada posto co obxectivo de confeccionar unha lista o máis plural posible e que recolla as diferentes sensibilidades de toda a vila”.

“Dende o PSOE da Pobra do Brollón temos as forzas renovadas para facer fronte ao inmobilismo do goberno do BNG, que durante esta lexislatura non presentou ningún proxecto que mellorara a calidade de vida dos nosos cidadáns. Foron 3 anos e medio perdidos e non estamos dispostos a perder nin un minuto máis. Queremos unha institución que estea ao servizo da xente”.

“Para os socialistas a nosa máxima premisa vai ser fomentar e impulsar a xeración de emprego da Pobra do Brollón, aproveitando as oportunidades que nos ofrece o noso territorio, pois trátase do municipio da Comarca de Lemos con máis masa forestal. Presentaremos un proxecto sólido, pensado en dinamizar a economía do municipio e darlle á vila o cambio que os veciños están agardando”.

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, felicitou a Javier González e subliñou que “os socialistas somos a alternativa e unha garantía para que A Pobra do Brollón e os seus veciños teñan os servizos públicos que se merecen e, deste xeito, ter un modelo de Concello mellor. O PSOE é o único partido que representa ese cambio demandado pola cidadanía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com