" />

Javier Varela repite como candidato do PP á alcaldía de Antas de Ulla

A máxima dirixente do PP na provincia, Elena Candia, confía en que o actual rexedor popular de Antas de Ulla, Javier Varela, logre a confianza dos seus veciños e veciñas nas vindeiras eleccións municipais.

Ademais de respaldar ao candidato popular á alcaldía, dende o Partido Popular lucense agardan que os seoanenses apoien tamén un Goberno do PP no Estado co obxectivo de “garantir a estabilidade que España necesita” da man dun Goberno “comprometido co crecemento económico e a implantación de medidas sociais que beneficien a tódolos cidadáns e, polo tanto, aos lucenses e os veciños de Antas de Ulla”.

Pola súa banda, Javier Varela amósase “máis ilusionado ca nunca por afrontar un novo mandato”. Nese sentido, asegura que seguirá traballando “por e para o Concello de Antas de Ulla e os meus veciños e veciñas”. Candia sinala “a experiencia, talante e talento” de Javier Varela; así coma “o seu compromiso co Partido Popular e co Concello de Antas de Ulla”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo