" />

José Blanco chama a Feijóo e Rajoy a loitar pola PAC

Se o pasado luns tiñamos en Lugo ao actual Ministro de Fomento, hoxe visita a cidade o exministro socialista e parlamentar europeo, José Blanco, que veu a anunciar, acompañado do Secretario Provincial do partido, Álvaro Santos, que o seu grupo xa se amosou en contra dos recurtes na Política Agraria Común (PAC) que a Comunidade Europea está a plantexar, e que suporán unha rebaixa no presupuesto para as axudas agrarias de case un 20%.

José Blanco quixo lanzar unha “chamada de atención” aos presidentes de Galicia e España, Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, para que se poñan a loitar e “afronten o reto” no debate das PAC. Blanco expresou a súa preocupación pola posición do Parlamento Europeo de “que se rasquen os petos os estados membros” e asegurou que o que lle toca a Galicia e, sobre todo, a España é manter unha posición de “firmeza” ante estes recortes.

Asemade, o exministro socialista precisou que o recorte do presuposto asignado á PAC nos fondos da Comunidade Europea podería pasar de supór o 50% a converterse nun 30% que perxudicaría en gran medida aos países que máis se benefician como Francia, Alemaña e España.

Visita de De la Serna

Como non podía ser doutra forma, o socialista tamén quixo valorar a visita que Íñigo de la Serna fixo a principios de semana para anunciar a chegada da alta velocidade a Lugo para o 2021. Para Blanco, o goberno leva “6 anos perdidos en materia de infraestrutura ferroviaria” e asegurou que non “cre” as palabras do Ministro pois “a única verdade que se dixo o luns foi que a alta velocidade non chegaría a Galicia ata que chegue a Lugo, é certo, non vai chegar nin a Lugo, nin a Galicia se se siguen manexando estes prazos”.

“Dende que goberna o PP nin se quera o que está nos presupostos vai a misa; pintan un orzamento e depois executan outro”, criticou Blanco quen asegurou que dende 2012 o goberno popular deixou sen executar máis de 2.000 millóns de euros só na nosa comunidade. Ademáis, José Blanco denunciou o mal estado das estradas da provincia que “nunca estiveron como se atopan agora” e alertou de que “como non se amañen rápido, o custe dos arranxos multiplicarase por cinco en pouco tempo”.

José Blanco, antes de rematar, quixo lanzarlle un reto aos populares para que podan acadar a credibilidade da cidadanía: “para que lles creamos, teñen que contratar proxecto e obra, que se pode facer, e nós crerémolos; se non, saberemos que é unha fuxida hacia adiante”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo