José Manuel Balseiro fai un balance positivo dos 100 primeiros días do Goberno de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo esta mañá o balance dos cen primeiros días de Goberno destacando que se aproveitaron para apuntalar “un Lugo máis social e máis próspero”, grazas, segundo afirmou, a un goberno “estable” que puido aprobar unhas contas autonómicas que consolidan a Lugo como a provincia con maior investimento por habitante de Galicia.

O delegado subliñou no seu discurso o impulso á licitación de obra pública, como o proxecto da conversión en autovía do corredor entre Sarria e A Pobra de San Xiao; os estudos previos para a construción da estación intermodal; ou a posta en marcha do novo acceso ao porto de Burela e do primeiro treito lucense co corredor da Costa, entre Cervo e Viveiro.

Asemade, o delegado da Xunta quixo destacar que coñecen as materias pendentes da xunta pero que o ente autonómico seguirá “traballando co obxectivo de facer que a recuperación económica chegue a todos” e sen olvidar o que buscan de Lugo, que é que “chegue a ser unha provincia máis próspera, máis xusta, máis estable, máis social e máis ambiciosa”.

Igualmente, Balseiro puxo de relevo as medidas para fixar poboación no rural, “con incentivos de impostos cero para favorecer a mobilidade de terras ou para mercar unha casa”.

Para Balseiro, “máis prosperidade é apostar por máis emprego”, e así o fixo o goberno autonómico aprobando a estratexia de apoio aos autónomos, “para que Galicia sexa un lugar favorable para a actividade deste colectivo”. A este respecto, Balseiro lembrou a ampliación que fixo a Xunta da tarifa plana de autónomos de 50 euros ao mes adicionais ata os 18 meses.

Con respecto ao sector industrial, o delegado referiuse especialmente ao impulso ás licitacións vinculadas ao polo aeronáutico de Rozas, que cualificou como o “máis ambicioso dos proxectos que se emprenden hoxe en Galicia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com