Josito Pérez: “Na política local queda feo enrocarse nas siglas en vez de traballar pola xente”

Continúan as entrevistas aos candidatos á alcaldía de Lugo na nosa canle XornaldeLugoTV e polo noso plató pasou o alcaldable de Podemos, Josito Pérez Afonso. Despois dun breve repaso aos últimos anos de goberno socialista na cidade, Josito asegurou que “a culpa” da parálise do Concello non é só da alcaldesa socialista Lara Méndez senón que hai unha “culpa colectiva”. “Se temos un pleno que non é capaz de poñerse de acordo para sacar adiante certas cuestións que son positivas para a cidadanía, creo que a todos lles toca asumir certa parte de responsabilidade” sentenciou o alcaldable de Podemos que asegurou que “na política municipal queda un pouco feo estar enrocado nas nosas siglas en vez de traballar pola xente”.

Neste senso, Pérez Afonso, considerou que “sería incoherente” para a súa agrupación negarse a falar ou negociar pactos postelectorais con calquer grupo, aínda que, iso si, “habería que mirar en que condicións e con que condicionantes”.

Josito Pérez, líder de Podemos na cidade de Lugo, cre que é unha “mágoa” non ter chegado a acordos coa candidatura de ACE-EU-EQUO para concorrer xuntos ás municipais, limando asperezas e mirando únicamente os puntos en común. “É unha mágoa non concorrer xuntos neste espazo tan fraccionado no que, por primeira vez a dereita tamén vai fraccionada, así as esquerdas poderíamos ir xuntas e poder así acadar os ceos.

En canto as propostas de Podemos, destacou a necesidade de crear unha empresa pública de distribución eléctrica, a remunicipalización de servizos públicos que hoxe contan cos contratos caducados ou o censo de vivendas baleiras, unha medida que asusta á cidadanía pero que, segundo Pérez Afonso, iría dirixida únicamente aos “grandes tenedores coma os bancos ou grandes inmobiliarias”.

Para saber máis do programa de Podemos para a cidade de Lugo, calquer lector do noso xornal pode acceder á nosa canle de Youtube onde terá o vídeo da entrevista a Josito Pérez, ao completo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com