" />

Juan Carlos, Xogador Estrella Galicia de xaneiro

A quinta entrega da tempada do Xogador Estrella Galicia do mes tivo de novo a Juan Carlos como protagonista. Este mediodía entregouse na Arrocería Os Cachivaches o premio Xogador Estrella Galicia que distinguía a Juan Carlos como mellor xogador do CD Lugo no mes de xaneiro.

O meta alcarreño toma vantaxe na súa carreira particular con Carlos Pita ao sumar un “hat- trick” de premios consecutivos. Nesta ocasión impúxose na votación ao capitán albivermello e a Cristian Herrera. Alejandro Méndez, propietario de Arrocerría Os Cachivaches, foi o encargado de facer entrega do premio ao porteiro albivermello. Posteriormente foi Juan Carlos o que obsequiou cunha camiseta asinada polo equipo ao encargado do local situado na rúa Campos Novos, que recibiu o premio Hostaleiro Estrella Galicia do mes de xaneiro.

Nesta ocasión, o premiado quixo enviar unha mensaxe á afeccionados que lle distinguiu co galardón: “Quero transmitirlles o meu agradecemento, ao final é bonito sentirse querido e valorado, estou moi contento e orgulloso. En canto á situación do equipo son consciente de que non estamos para esixir nada, nin pedir nada, pero nestes momentos é cando máis xuntos hai que estar. Non é momento de reproches, nin de botar contas, é momento de unirnos e remar todos na mesma dirección. Non llo vou a pedir porque se que eles van estar aí e vannos a botar unha man en todo o que nos faga falta.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo