" />

Juanfran novo adestrador do CD Lugo

Juanfran García é o elixido para dirixir ao CD Lugo o que resta de tempada. O técnico valenciano conta cunha ampla bagaxe como futbolista profesional no noso país: Levante, Valencia, Zaragoza ou Celta; así como no estranxeiro:  Besiktas, Ajax ou AEK Atenas. Ademais, foi internacional absoluto con España en once ocasiones e Campión de Europa  sub21.
Juanfran, adestrador UEFA PROL, comezou no equipo técnico da RFEF e de 2015 a 2018 foi adestrador as categorías inferiores do Levante, ata dirixir o Levante Atlético. A tempada pasada formou parte do  staff técnico do Celta de Vigo.
Xunto a  Juanfran chega como segundo adestrador Adrián Rubio (Vigo, 1980) ata o de agora técnico do Mondariz da Rexional Preferente galega e categorías inferiores do Celta. Foi, do mesmo xeito que  Juanfran, futbolista profesional en equipos como o Celta de Vigo.

O técnico valenciano xa dirixe a sesión vespertina desta tarde no  Anxo Carro de fronte ao partido de mañá fronte ao  Numancia da xornada 37 da liga  SmartBank.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xuñ 30, 2020 - 10:28 PM

    Haber! Oxalá me equivoque, esto non aí quen o arranxe

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo