“Julia” volve esta semana á pantalla dos Codex Cinema

A estrea de “Julia” en cines foi un éxito rotundo, coa sala colgando o cartel de cheo e moitas persoas quedándose fora. Debido a esta abrumadora demanda e apoio dende a comunidade, os cines Codex Cinema anuncian proxeccións adicionais do documental durante esta semana os seguintes día e horarios:
• Xoves 21 ás 20:30 h
• Vernes 22 ás 20:30 h
• Sábado 23 ás 18:00 h

O Director da película, Jacobo Lagüela, comentou: “Hai un cine feito para festivais e críticos, e hai outro, normalmente cun orzamento máis modesto que está feito con, por e para a comunidade; e os dous poden funcionar en cines” Está é unha oportunidade única para disfrutar por última vez de “Julia” na gran pantalla “convido a todos os fillos a que leven aos seus pais, e as netas as súas avoas” “Espero xerar un novo referente para as mulleres da xeración da miña avoa”

“Julia” xa percorreu 15 festivais en tres continentes e volve á provincia de Lugo, onde a súa historia resoa coa comunidade local.
Para obter máis información ou comprar entradas, podes visitar as seguintes páxinas web: Entradas: https://acortar.link/WblZsX

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com