Katherinie Varela, número 2 da candidatura do PP de Monforte

O candidato á alcaldía do PP de Monforte, Miguel Lemos, anuncia que Katherinie Varela Fernández formará parte como número dous da candidatura coa que o PP concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio.

Varela Fernández é Licenciada en Dereito e na actualidade exerce na localidade  monfortina como avogada na especialidade de dereito laboral e bancario.A avogada é filla do histórico popular monfortino, Antonio Varela, quen fora deputado autonómico na I Lexislatura formando parte da Mesa do Parlamento de Galicia. “Con esta incorporación damos un paso máis no noso proxecto político que contará con persoas representativas da cidadanía e realidade social monfortina e do PP local”, asegura Lemos. Así mesmo, o candidato popular destaca “tanto a súa capacidade profesional como a súa capacidade, bagaxe e implicación na política, é dicir, na defensa dos intereses de todos os veciños e veciñas”.

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, valora “sumar xente nova e comprometida con Monforte”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Manuel Quiroga Lopez
    Abr 06, 2019 - 11:46 PM

    Pois vale🤣🤣🤣🤣

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo