" />

Kern Pharma proxecta instalarse en Monforte

Kern Pharma estudia asentarse en Galicia, concretamente no Polígono de Reboredo no Concello de Monforte. Nun encontro de traballo, os responsables da firma do Grupo Indukern expuxeron o seu proxecto que triplicará a súa capacidade produtiva.

A Xunta valorou positivamente esta aposta dun referente mundial na distribución de produtos químicos a través dunha iniciativa que, prevista para 2025, cun investimento inicial de 33 millóns de euros.

Tras a xuntanza, o presidente da Xunta e o Conselleiro de Industria comprometeron o pleno apoio da Xunta ao proxecto, que prevé xerar 50 postos de traballo directos e alcanzará unha produción de 50 millóns de unidades –ampoias e viais, entre outros— na súa primeira fase.

Nun prazo de tres anos, subliñou, a fábrica permitirá distribuír desde Monforte de Lemos ata toda a Unión Europea milleiros de produtos de farmacéuticos, o que axudará a consolidar e visibilizar a fortaleza do sector farmacéutico en Galicia, ademais de dinamizar a economía local. Nesta liña, Rueda apelou á colaboración de todas as Administracións implicadas para levar adiante o proxecto e agradeceu a toda a directiva da empresa, especialmente ao presidente e fundador do Grupo Indukern, José Luis Díaz-Varela, por escoller a súa terra natal para instalar esta planta.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo