Láncara presenta en Madrid o seu Museo Vivo do Campo e a Locomoción Agraria

A sede do Consello Xeral de Colegios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España en Madrid acolleu na tarde de onte a presentación do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), ubicado en Trasliste, Láncara.

O acto comezou coa benvida de Javier Lorén Zaragozano, presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España e a inauguración do encontro a cargo de Carolina Gutiérrez Ansótegui, subdirectora xeral de Dinamización do Medio Rural do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Seguidamente, o promotor da iniciativa e titular de Casa de Vázquez, casa de labranza onde está integrado o museo, Marcos Vázquez Marey, presentou o seu proxecto aos asistentes. A continuación, tivo lugar a mesa redonda Entender o pasado, mellorar o futuro, moderada por Javier Lorén, na que participaron Mariluz Barreiros Ramos, presidenta da Fundación Eduardo Barreiros; Miguel Ángel Viso Diéguez, funcionario do Fondo Galego de Garantía Agraria; Ignacio Ruíz Abad, secretario xeral de Ansemat e Eloy Galván García, exdirector de Same Deutz-Fahr Ibérica.

Durante a presentación houbo varias actuacións musicais e unha defustación de produtos galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com