" />

Lara Méndez asina con Alsa un acordo de promoción da imaxe do Arde Lucus

O Grupo Alsa aplicará na XIX Festa do Arde Lucus deste ano descontos nas tarifas no seu transporte regular de pasaxeiros que teñan a súa orixe ou destino na localidade de Lugo, segundo fixa o acordo que asinou a alcaldesa, Lara Méndez, co director xeral da compañía, Víctor Manuel López, na Feira Internacional de Turismo en Madrid.

Este desconto, que será do 25% e que se aplicará nos servizos de ida/volta no período comprendido desde 3 días antes do inicio do evento até dous días despois da súa finalización, non é o único compromiso da empresa, que tamén promocionará a festa de recreación histórica mediante a difusión dun vídeo Arde Lucus desde o mes de maio a través da súa canle ociobus de entretemento a bordo dos autocares e coa inclusión dun banner promocional do evento na súa páxina web.

A rexedora agradeceu a Alsa o apoio a esta festa “e o seu compromiso cos e coas lucenses xa que estas accións que asinamos e que se renovan cada ano permiten favorecer á cidade e a esta festa, e axudarannos neste camiño de converter o Arde Lucus nun referente internacional”.

O vídeo que emitirá a empresa de transportes tamén foi presentado en Fitur e levantou gran expectación xa que recolle imaxes reais gravadas durante a propia celebración da festa polo que reflicte á perfección o seu espíritu e a esencia.

O Arde Lucus celebrarse este ano os días 25, 26, 27 e 28 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo