O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, reuniuse co alcalde de Begonte, José Ulla, para analizar proxectos de futuro e facer balance das actuacións que o Goberno galego está a desenvolver no municipio a través de distintas consellerías.
Entre os investimentos sinalados destaca a achega de preto de 160.000 euros da Consellería do Medio Rural para o acondicionamento de camiños rurais nas convocatorias dos bienios 2025-2026 e 2026-2027. Ademais, a Consellería de Presidencia destina 34.000 euros á mellora da accesibilidade da escola de música de Baamonde, mentres que Turismo de Galicia financia con 30.000 euros a substitución dun muro do Belén de Begonte.
Villares tamén lembrou que o alumnado do obradoiro de emprego Cumes da Terra Chá IX, compartido con Rábade e Friol, está a executar obras na Avenida de Galicia dentro dun proxecto dotado con máis de 544.000 euros.
Durante o encontro repasáronse outras actuacións realizadas en colaboración co Concello, como a ampliación do local social de Carral, a iluminación artística da igrexa de Santiago de Baamonde, a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol de Pacios, a adecuación do aparcadoiro da Igrexa dos Milagres de Saavedra e distintas intervencións nas redes de saneamento.
No ámbito social, o delegado destacou tamén o incremento do financiamento autonómico para o Servizo de Axuda no Fogar, que alcanza os 544.000 euros en Begonte, cun aumento superior ao 30 % respecto ao exercicio anterior.