Lara Mendez condena a actitude dos policías locais que onte se atopaban na cafetería do hula no tanto de estar traballando

Lara Mendez condenou esta mañá a actitude dos policías locais que estaban onte de servizo no turno de noite e que na madrugada se atopaban na cafetería do HULA en lugar de estar traballando.

A alcaldesa de Lugo asegurou que onte o Inspector Jefe da Policía Local lles abriu unha investigación ao respecto e en canto se teñan os resultados desta investigación poderán chegar a abrirlles un expedente a estes axentes por unha conducta indisciplinaria e non cumprir cas súas labores.

“Todo policía ten dereito aos seus vinte minutos de café, descanso, bocadillo, ou o que estime oportuno, pero ademáis hai un mandato de que non o poden facer nin á mesma hora, nin no mesmo lugar, nin todos xuntos; ten que ser reglado para que sempre haxa axentes patrullando. No caso de confirmarse esta información tomaremos medidas ao respecto”, aseguraba Lara Méndez.

A alcaldesa de Lugo, tamén recalcou que “non é xusto facer unha xeneralización” pois hai moitos axentes que cumplen coa súa labor, co seu horario e cas súas responsabilidades e que non se pode xeneralizar, como, en palabras da alcaldesa, facía onte a agrupación Ciudadanos cando asegurou que era algo habitual ver á policia local de Lugo nos bares en turnos de traballo e aparcando mal o seu vehículo.

“Antes de ver consecuencias, veremos qué di o informe da investigación”, afirmou a alcaldesa quen asegurou que “se é preciso” castigarase a estes axentes e poderán chegar a cesar a algún.

Por último, Lara Méndez enviou unhas palabras para todos os grupos políticos que critican a contratación dos Concertos que fixo o Concello para estes meses, e que, segundo afirman outras forzas políticas, custoulle máis caro ao goberno local que a outros concellos. A rexedora municipal explicou que “no mundo da cultura os prezos varían e, incluso, con dúas propostas dun mismo cantante, cambian os prezos” e que o Concello intenta acadar as mellores ofertas.

Asemade, a alcaldesa defendeu que “facer unha comparativa en termos económicos dunha oferta cultural é tremendo” xa que “se falamos de perdas económicas non faríamos Arde Lucus, nin San Froilán, nin ofreceríamos máis concertos”, Lara Méndez quixo resaltar a importancia da cultura na cidade aínda que o Concello non sempre saia gañando.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com