" />

Lara Méndez entra a formar parte do Consello Territorial da FEMP

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, entrou a formar parte do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) durante os vindeiros catro anos. A súa designación prodúcese tras a votación celebrada no XI Pleno da FEMP.

A rexedora, quen acolleu o nomeamento con moita satisfacción e responsabilidade, sinalou que “formar parte do Consello Territorial da FEMP é unha oportunidade única para levar o nome de Lugo por todo o territorio nacional”, ao tempo que avanzou que  traballará “por defender os intereses dos gobernos locais, e especialmente o da cidade lucense, posto que os Concellos xogan un papel decisivo na defensa das políticas públicas de calidade”.

“Creo nas entidades locais, na clarificación da súas funcións e competencias e nun financiamento adecuado para impulsar un territorio e garantir uns servizos de calidade para todos os seus veciños e veciñas”, asegurou Méndez.

O Consello Territorial é o órgano de máxima autoridade que transcorre entre a celebración dos Plenos Ordinarios da FEMP. Formado polo presidente e vicepresidente da Xunta de Goberno e 61 membros elixidos polo Pleno, de entre os socios titulares, e o presidente e outro representante das federacións de ámbito rexional; reúnese en sesión ordinaria, unha vez cada catro meses.

Entre as súas competencias está facer cumprir as resolucións do Pleno, velar polo cumprimento dos fins estatutarios, aprobar o Regulamento de Réxime Interior e o do Pleno e articular relacións da FEMP coas Federacións Territoriais. Ademais, o Consello Territorial deberá aprobar as cotas anuais da Federación, os orzamentos ordinarios e as contas de carácter anual.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo