Lara Méndez: “os lucenses non queremos ser cidadáns de segunda na atención médica”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considera, á vista do balance do Rexistro Galego de Atención ao Infarto de Miocardio (Regaliam) realizado onte polo Sergas, que a Xunta “non ten intención de avaliar realmente a necesidade de implantar o servizo de Hemodinámica 24 horas no HULA”, dado que “malintencionadamente ou non, faltan datos”.

A rexedora asegurou que “queda constatado o que vimos dicindo dende o Concello: que os lucenses somos cidadáns de segunda, pois somos os que máis tempo tardamos en Galicia en ser atendidos cando se sufre un infarto, sobre todo, cando se sufre fóra de horario de oficina, un tempo medio de máis de tres horas, o dobre que noutras cidades, como Santiago e A Coruña, e unha hora máis que en Vigo”.

Polo tanto, o Concello, recalcou Lara Méndez, “seguirá reivindicando e demandando” Hemodinámica 24 horas en Lugo “porque non queremos ser cidadáns de segunda, e non falamos de cuestións insignificantes, senón de manter e preservar a vida dunha persoa, e son máis de tres horas o tempo que tarda de media un lucense en ser atendido cando sofre un infarto”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com