Lara Méndez: “Se Feijóo houbera cumprido os seus compromisos con Lugo tería presentado o seu balance xunto as obras e non nun café”

“Se Feijóo houbera cumprido os seus compromisos con Lugo, onte tería presentado o seu balance xunto as obras que anunciou e non nun café”.

Así de categórica se amosaba esta mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, durante a súa comparecencia para poñer en evidencia “o balance ficticio e alonxado da realidade que onte trasladou o presidente da Xunta de Galicia, durante a súa estancia na capital nun café ao que convidou a diversos colectivos”.

“E dígoo con tristeza e preocupación porque merecemos un presidente de Galicia que cumpra coa palabra dada á veciñanza e que pague a débeda, xa histórica, cos e coas lucenses; porque levamos máis dunha década vendo como os orzamentos autonómicos recollen para esta cidade, exercicio tras exercicio, os mesmos proxectos debido a que non se executan”.

A rexedora botou man da hemeroteca para aclarar todos e cada un dos logros que onte Núñez Feijoo atribuía á súa xestión nos últimos anos ao fronte do goberno galego.

Lara Méndez iniciou o seu relato lembrando que “foi precisamente López Orozco quen en 2004 apelaba a Fraga para que actuase como valedor do Auditorio”, momento no que a rexedora citou literalmente un artigo xornalístico dese ano no que o ex alcalde lle pedía al conselleiro Núñez Feijóo “que non buscase máis desculpas para atrasar o encargo do proxecto para esta dotación cultural”, referiu Méndez.

Debera saber o señor Feijóo, que dende o Concello de Lugo levamos 10 meses tendendo a man á Xunta para avanzar na recepción deste edificio, que tivemos que forzar unha reunión da Comisión de Seguimento, que a Consellería convocou en novembro, e que hai só dúas semanas que deixaron entrar aos nosos técnicos a inspeccionar o edificio para poder presentar os informes preceptivos e garantir que o inmoble está en perfecto estado logo de 4 anos pechado, 4 anos que foi o tempo que a Xunta tardou en instalar os equipamentos que pagamos todos e todas as lucenses”.

Porén, que non puidesen realizar unhas xornadas de portas abertas o pasado sábado, como pretendían, sen que o edificio estivese aínda recibido e, polo tanto, sen cumprir con todas as garantías de seguridade, non o impediu este Concello, nin esta alcaldesa, foi a Xunta Electoral, porque tamén o PP debe acatar a lei”.

O que ocorre – subliñou a alcaldesa – é que aquelo no que a Xunta non foi capaz de avanzar nestes 10 meses, seguramente porque entón non estaban convocadas as eleccións, pretenden apuralo agora en campaña, pasando por riba das máis estritas medidas de protección, da inspección das instalacións e incluso da folla de ruta fixada por ámbalas dúas institucións”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Victoria Federica de Hacendado
    Mar 11, 2020 - 08:47 PM

    No parece razonable que, con un Ayuntamiento pésimamente gestionado, la Sra. Alcaldesa se dedique, en vez de a trabajar, a hacer méritos con Gonzalo Caballero. Una Victoria Federica de Hacendado. La eficiencia y brillantez no necesariamente se mide en hacer obras (la épica de Zaplana y Barberá ya pasó, por suerte). Es evidente que la actuación de la Xunta en Lugo es muy mejorable. Pero es curioso que lo diga la Alcaldesa. Su mandato refleja una gestión mucho peor (y mira que es difícil). La más nefasta de todos los Alcaldes en democracia. A su lado, Vicente Quiroga y Notario Vacas parecen Aristóteles y Cicerón.

    En todo caso, cuando venga Gonzalo, la Alcaldesa se podrá sacar fotos con él en el Garañón, en la Fábrica de la Luz, en el desdoblamiento de Duquesa de Lugo (15 años y subiendo), en los campos deportivos de Sanfiz, en los inexistentes nuevos polideportivos municipales, o en cualquier barrio periférico de la ciudad.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com