Lazo, xogador Estrella Galicia de marzo

Sétima entrega da tempada do Xogador Estrella Galicia do mes e segunda na que José Carlos Lazo faise co galardón.

Este mediodía entregouse no Bar Milano o premio Xogador Estrella Galicia que distinguía a Lazo como mellor xogador do CD Lugo no mes de marzo. Con este segundo nomeamento, o xogador andaluz empata con Juan Carlos como segundo albivermello con máis premios Xogador Estrella Galicia, tan só un por detrás do capitán, Carlos Pita. Eles tres son os únicos que lograron facerse con este galardón no que vai de tempada.

Os finalistas nesta ocasión foron José Carlos e Juan Carlos. Eva e Manuel Liz Rey, propietarios do Bar Milano, foron os encargados de facer entrega do premio ao futbolista albivermello. Posteriormente, foi Lazo o que obsequiou cunha camiseta asinada polo equipo ao propietario do establecemento situado na Rúa Xulia Minguillón, que recibiu o premio Hostaleiro Estrella Galicia do mes de marzo.

Co premio xa nas súas mans, Lazo quixo agradecer aos afeccionados que o elixiran como o mellor xogador do equipo no mes de marzo: “Aínda que a situación non é a que queremos, estou contento por recibir este premio. Quero dar as grazas á afección por estar aí sempre”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo