Lidia Senra: “Na axenda dos grandes partidos non están presentes os debates europeos”

A eurodeputada e número dous da lista de En Marea – Compromiso por Europa para as vindeiras eleccións ao Parlamento europeo, Lidia Senra, lamentou no noso plató o desleixo hacia estes comicios que terán lugar tamén este domingo. Senra asegurou que o principal problema de que as eleccións ao Parlamento Europeo, non teñan a repercusión que deberan entre a cidadanía, ven dado, principalmente porque “na axenda dos grandes partidos en toda a lexislatura non están presentes os debates europeos polo que é moi difícil pensar que o conxunto da cidadanía teña conciencia da importancia destas eleccións”.

Senra aclarou dous puntos clave a ter en conta para elixir aos representantes do Parlamento Europeo, “é a única institución europea que se elixe directamente nunha votación, e porque se tratan moitos temas que nos afectan no noso día a día”.

Entre as propostas que En Marea-Compromiso por Europa, a eurodeputada falou da nova Política de Pesca Común que quere instaurar o goberno europeo que fará que “barcos pequenos como os de Galicia lles sexa practicamente imposible cumprir toda esa regulamentación, nós o que prantexamos é que ese regulamento non serve para a pesca artesanal e de pequena escala e que ten que facerse un regulamento específico para ela e adaptado á realidade da pesca neste país”, explicou Senra.

Tamén as pensións centran boa parte do programa da coalición, “a Comisión está presionando para que haxa unha reforma das pensións que nos deixa con pensión cada vez máis baixas e nos obriga a cobrar máis tarde as nosas pensións e, mentras eso sucede, se promoven plans privados de pensións; nós cremos que os plans privados non se pode potenciar, hai que poñerlle fin a iso”.

Para coñecer máis propostas das que esta coalición pretende levar ao Parlamento Europeo, calquer lector de XornaldeLugo pode entrar na nosa canle de Youtube para ver a entrevista de Lidia Senra ao completo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com