" />

Lixeiro repunte con tres novos casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Nas últimas 24 horas a área sanitaria de Lugo rexistrou tres novos casos activos por coronavirus, o que a sitúa en 74 afectados polo virus, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia aumenta en 31 novos casos, polo que se sítúa o total en 406; deles 161 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 29 da de Ourense, 35 da de Pontevedra, 74 da área de Vigo, 28 da de Santiago, e 5 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 386 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.331 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 257.156.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo