Lixeiro repunte de contaxios covid nun luns de descenso de casos activos e de hospitalizacións

Continúa o descenso de casos activos na provincia de Lugo. Con 133 infeccións activas Lugo segue sendo unha das áreas sanitarias menos afectadas polo virus en Galicia. Un descenso dunha soa persoa con respecto ao día de onte pero de 36 persoas se o comparamos co Xoves Santo ou de 42 se poñemos á vista no pasado luns. 

Nesta xornada de boas novas, descende tamén o número de hospitalizados comparando as cifras coas de onte, o Hula rexistra unha persoa menos en planta e o Hospital de Monforte quédase sen pacientes na UCI logo de ter que ingresar no día de onte a un infectado covid. 

En total, nas plantas de hospitalización se rexistran hoxe 9 pacientes repartidos entre os tres hospitais (5 no Hula, 3 en Monforte e 1 na Mariña) mentres que 2 están na UCI do Hula.

O que si aumentou lixeiramente nas últimas horas son os novos contaxios. No día de onte o SERGAS notificaba tan só 3 positivos mentres que no informe de hoxe, con datos recompilados ata ás 6 da tarde de onte, Sanidade contabilida 9 positivos novos detectados. Un aumento pouco significativo e que se contrarresta coas 8 altas recibidas por pacientes covid nas últimas horas.

E é que dende o inicio da crise sanitaria, na provincia de Lugo xa superaron o virus 11737 persoas. Asemade, no día de hoxe hai que lamentar un falecemento. A vítima 212 do virus na provincia é un home de 63 anos que finaba no HULA. 

Por último, en canto ás novas restriccións que entraron en vigor esta madrugada, a provincia tan só presenta un cambio. Trátase da saída do nivel alto de limitacións do Concello de Rábade que volve a estar no nivel máis baixo logo de descender o número de casos. Doutra banda, A Pobra do Brollón e O Saviñao continuarán no nivel alto, a lo menos ata o venres.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com