" />

Lixeiro repunte nos casos activos de Covid-19 na área de Lugo

4 casos activos máis nas últimas 24 horas fan que a área de Lugo rexistre un pequeno repunte logo de varios días consecutivos nos que o número de casos disminuía.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.747, deles 643 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 450 da de Ourense, 151 da de Pontevedra, 761 da área de Vigo, 448 da de Santiago, e 124 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 205 están en unidades de hospitalización e 2.514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.959 persoas curadas, rexistrándose 586 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 109.896.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo