López Izquierdo renuncia a continuar na lista do PSOE ao Congreso

A ex deputada provincial socialista, Sonsoles López Izquierdo, vén de renunciar a concorrer na lista do PSOE por Lugo ao Congreso nas vindeiras eleccións, logo de que a Comisión Federal de Listas do partido a retirase dos postos de saída.

Sonsoles López, próxima ao que fora secretario provincial do partido, Álvaro Santos, rexeitou as formas que tivo o partido á hora de relegala a un terceiro posto a favor de Javier Cerqueiro. Segundo expresa a socialista, foi o Secretario de Organización do Partido na Provincia quen avisou a López Izquierdo, mediante unha chamada telefónica, do “inesperado” cambio nas listas, “ao mesmo tempo que aparecía nos diarios dixitais”.

Unha decisión do partido que, para a ex deputada provincial non é “nin ética nin estética” e complica “conciliar un bo traballo en equipo”. López Izquierdo critica nunha carta aberta o “nulo respecto” hacia a militancia e os acordos de partido que amosa esta situación e que a leva a unha “falta de confianza nas direccións do partido provincial e nacional”.

Sonsoles López concorreu xa na lista do seu partido ao Congreso nas eleccións do pasado mes de maio, como número dous; despois dunha consulta á militancia que colocaba a López no primeiro posto da lista, uns resultados que “foron ignorados de forma insólita sen unha explicación obxectiva por parte de quen tomou a decisión”. A socialista lembra na misiva que aceptou ser número dous para “sumar esforzos” e como respecto hacia os militantes que a apoiaran.
Todos estes feitos levan á ex deputada a concluír que “a dirección do meu partido demostrou bastante mais interese en que eu non sexa deputada que en cumprir as normas que dan soporte a uns principios e valores, así que entendo perfectamente a situación e decido apartarme».

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Out 04, 2019 - 09:25 PM

    ¡ Por España,todo ! . Pero si no es en puestos de salida , ya no interesa .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com