" />

López Orozco visita as obras do Calexon do Hospital e Carril do Son nas inmediacións de Santo Domingo

O Alcalde, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Economía, Sonia Méndez e de Servizos Xerais, Manuel Núñez, visitou hoxe as obras de rehabilitación do espazo do Calexón do Hospital e o Carril do Son.

Este novo proxecto do Plan Urban supón a recuperación e adecentamento dun novo espazo público no casco histórico de Lugo, logo da demolición de garaxes e dunha construción que estaba adosada ao convento das RRMM Agustinas Recoletas.

Esta actuación tamén permitiu comunicar dous calexóns, que terminaban en fondo de saco, por dous laterais dun edificio BIC como é o convento das Agustinas Recoletas, edificio que se empezou construir no século XIV, xunto a unha das prazas máis emblemáticas do Casco histórico como é a de Santo Domingo.

A demolición desas construcións permitiu abrir un espazo público para o disfrute dos veciños, ademais de deixar á vista un lateral do convento que ata agora permanecía oculto. O proxecto incluiu a recuperación das fachadas do convento afectadas polas demolicións e tamén supón a instalación de iluminación monumental das dúas fachadas do convento recuperadas a través de proxectores encastrados no pavimento.

Coa recuperación e adecemento desta nova zona de lecer, algúns dos negocios establecidos en San Marcos tamén se poderán beneficiar da posibilidade de abrir as súas fachadas traseiras.

A intervención tamén inclúe a urbanización dunha superficie de algo máis de 1.000 metros cadrados de ambos calexóns, que serán de uso peonil. Os calexóns,  quedan agora unidos o que permitirá acceder dende a praza de Santo Domingo a Quiroga Ballesteros por detrás do convento.

Para levar a cabo esta actuación, foi necesario expropiar as construcións existentes na zona e tal e como se recolle no PEPRI, todos os espazos expropiados foron destinados a vial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo