López Racamonde: “Non imos consentir que a empresa xogue cos traballadores”

“Non imos consentir, baixo ningún concepto, que a empresa xogue cos traballadores”. Así de tallante se manifestaba hoxe Olga López Racamonde ante a situación de impago que están a sufrir os empregados do Centro de Día Antonio Gandoy.

A concelleira de Benestar mantiña hoxe un encontro con representantes dos afectados aos que lles trasladou, con absoluta contundencia, as accións iniciadas polo seu departamento para que a concesionaria do servizo proceda ao abono dos salarios.

“Neste momento, non hai ningún atraso na tramitación das facturas por parte do Concello. A correspondente ao mes de setembro xa está tramitada e ingresarase durante a semana que vén e, a de outubro, da que se deu traslado o día 31, xa está tamén asinada e co procedemento en curso”, indicou Olga López.

A edil explicou tamén que dende os Servizos Sociais enviouse un requirimento á adxudicataria para que xustifique o pagamento das nóminas e “de non ser así, foi advertida de que a situación pode derivar na apertura dun expediente sancionador que lle suporá serias complicacións para voltar concorrer a licitacións públicas”, sinalou López Racamonde.

“Non toleraremos ningún chantaxe por parte da empresa. Ten que pagar en tempo e forma como así se lle esixe nas cláusulas de contratación, demostrando a súa solvencia porque a do Concello non está en entredito”, lembrou a concelleira.

Olga López aproveitou tamén esta reunión co cadro de persoal deste Centro de Día, ademais de para comprometerlles o seu apoio, para avanzarlles en qué punto se atopa o proceso de adxudicación do novo contrato ao que se presentaron tres ofertas.

“Agardamos que, en mes e medio, a nova concesionaria xa estea operando logo dun proceso longo que na anterior convocatoria quedara deserto. Para iso levouse a cabo unha nova revisión do estudo económico, modificándoa a favor do informe realizado polos técnicos e, tralo que se determinou a necesidade de introducir unha serie de melloras, tanto no relacionado co transporte e as actividades a realizar polos usuarios, como na ganancia empresarial que se duplicou ata alcanzar o 10%”, concluíu Olga López.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Eduardo Veiga
    Nov 09, 2019 - 09:48 AM

    Esta es la actitud Olga, trabajar con los sindicatos para que el empresario, respete a los trabajadores. Salud y adelante compañera.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo