Louzao congratúlase de que o Concello se dispoña a modificar a xornada laboral da Policía

O grupo municipal de Cs Lugo congratúlase de que o Goberno local acepte a proposta presentada pola formación no pleno celebrado en marzo do pasado ano na que se propoñía que os policías locais cumpran unha xornada laboral equiparable ás 37,5 horas semanais. “Alegrámonos de que a alcaldesa recoñeza finalmente que a nosa solución para a policía local era a máis racional, a máis xusta e a que garante un mellor servizo para a cidadanía. Tras anos de negacionismo, con esta decisión a alcaldesa finalmente pasou polo aro e recoñeceu que existía un problema coa Policia local e asume  os seus erros de xestión en relación a este conflito  e a falta de liderazgo respecto de este corpo”, sinalou a voceira municipal Olga Louzao.

“O incremento da xornada laboral da Policía das 26,5 horas actuais ás 37,5 fixadas por lei supoñería dispoñer dun 40% máis de horas de servizo dos axentes, paliando deste xeito a redución de efectivos que se produciu nos últimos anos como consecuencia de xubilacións e da non convocatoria de novas prazas”, sostén Louzao. Así mesmo, a concelleira considera que toda compensación debe pasar pola aplicación de un coeficiente corrector.

“A lei marca que os policías locais, igual que o resto de funcionarios, deben traballar 37 horas e media á semana e non entendemos como o goberno socialista de Méndez  permitiu ata agora, logo de case 5 anos de mandato, que en Lugo os policías locais traballen só 26 horas e media, algo que desde Ciudadanos consideramos ilegal, inxusto e pouco eficiente”, afirmou.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 21, 2020 - 07:52 PM

    Menos mal. Haber si sae adiante

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com