Louzao: “Feijóo acórdase de Lugo só en periodo electoral”

A portavoz municipal de Cidadáns, Olga Louzao, criticou esta mañá os orzamentos anunciados polo Goberno Autonómico para 2020. En opinión da edil os investimentos previstos ignoran aspectos craves para o futuro de Lugo e deixa ao marxe as necesidades máis urxentes dos veciños da cidade. “Feijoo acórdase só  de Lugo en periodo electoral. Que hoxe Lugo sexa a provincia con maior investimento por habitante desvela que estivemos esquecidos durante anos. É a demostración de que agora, coas eleccións ao virar a esquina, intenta compensar o abandono, pero lamentablemente chegan tarde”, sinalou a portavoz da formación laranxa.

Louzao considera que existen proxectos fundamentais para a cidade como a Rolda Leste ou os investimentos en barrios como A Residencia ou Paradai que aparecen neste orzamento por cuestións meramente electorais. “Levamos anos esperando por eses investimentos. Son proxectos que están sobre a mesa desde fai décadas. Non se poden anunciar agora como medidas innovadoras cando se trata de demandas que tiñan que estar xa executadas. Percíbese a proximidade da cita electoral no deseño destas contas”, asegurou Louzao.

Cs Lugo considera que o exemplo máis claro disto é o Plan Paradai. “Levamos máis de 15 anos escoitando falar deste Plan que aínda se executou de forma substancial e a súa esencia repercuta nos veciños e veciñas de Lugo.  Lamentamos a falta de valentía da Xunta e lamentamos que non aposte pola nosa cidade. Estes proxectos repítense unha e outra vez nos orzamentos autonómicos sen que ningún chegue a completarse de forma integral», concluíu.

Para Cs Lugo falta investimento en materia social. “As medidas para dinamizar o emprego son insuficientes. Tampouco hai un investimento acorde ás necesidades en materia de atención aos nosos maiores. Faltan residencias. De novo a Xunta esquécese de paliar a carencia en materia educativa que se vive na zona centro. Continuamos sen contar cun investimento para un novo colexio público dentro da Muralla”, dixo a concelleira da formación laranxa.

Así mesmo, Cs Lugo considera que estes orzamentos dan as costas ao noso casco histórico. “O investimento para mellora do noso casco histórico é insuficiente. Os orzamentos recollen unha partida moi exigua neste sentido. Non contamos co investimento necesario para que o impacto das medidas repercuta de forma notoria e visible na cidade”, apuntou. Neste sentido Louzao mencionou proxectos crave para a cidade totalmente ignorados pola Administración Feijoo. “O paseo interior da Muralla necesita dun impulso do Goberno autonómico», dixo. Neste sentido Cs Lugo considera alarmante a falta de entendemento entre Xunta e Goberno local. Non existe diaologo e cooperación á hora de traballar. Están inmersos nunha guerra absurda. Necesitamos entendemento para que os proxectos de calado, aqueles que ncesitan coordinación e respaldo de todas as administracións, saian adiante”, sinalou.

Ademais Louzao botou en falta na Contas de 2020 que o Instituto Galego de Vivenda e Solo recolla melloras para zonas emblemáticas da nosa cidade cunha importancia identitaria e patrimonial incuestionable como o barrio de O Carme, Recatelo e A Ponte. “O Lugo do futuro debe construírse sobre as bases do noso pasado como comunidade. Non podemos deixar morrer a esencia histórica da nosa urbe”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com