Louzao monta o seu despacho ás portas do Concello porque quere ser “unha alcaldesa a pé de rúa”

A portavoz municipal de Cidadáns en Lugo e candidata á alcaldía nas eleccións do vindeiro 26 de maio, Olga Louzao, montou esta mañá o seu despacho de traballo diante do Concello, en plena Praza Maior, onde estivo pola mañá recibindo xente e explicando as súas propostas para levar a cabo os vindeiros 4 anos na cidade de Lugo.

“Eu serei unha alcaldesa a pé de rúa, porque a xestión municipal require sobre todo de cercanía, de contacto coa xente, porque se trata de mellorar a vida das persoas no seu día a día e a única forma de poder resolver os problemas dos veciños e veciñas é coñecelos de primeira man”, asegurou Olga Louzao.

Olga Louzao afirmou que “a transparencia e a rexeneración das institucións son os sinais de identidade de Cidadáns” e comprometeuse a “aplicalos no Concello de Lugo nos vindeiros catro anos”.

Como exemplo, a candidata de Cs lembrou que ao comezo da campaña electoral fixo pública ante notario “en sinal de máxima transparencia” a súa Declaración de Bens e a súa última Declaración da Renda co compromiso de volver publicala ao finalizar o próximo mandato “para que todos os lucenses poidan comprobar que non todos os políticos somos iguais nin vimos ás institucións a enriquecernos cos cartos de todos”.

Na acta notarial Olga Louzao comprométese a que se é alcaldesa de Lugo reducirase o soldo un 25% con respecto ao que hoxe cobra Lara Méndez. A alcaldesa de Lugo é o terceiro rexedor mellor pagado de toda Galicia cun salario bruto de 67.000 euros anuais. “Son 4.800 euros ao mes, cinco veces o salario mínimo que o PSOE fixou en 900 euros mensuais para o resto da cidadanía e unha alcaldesa debe dar exemplo”, comparou.

“En Cidadáns non somos profesionais da política nin vimos á política a lucrarnos, senón que procedemos todos da sociedade civil, somos persoas que temos os nosos traballos á marxe da política e que queremos aportar a nosa experiencia e o noso coñecemento para que esta cidade cambie e avance”, indicou a candidata de Cs.

Olga Louzao comprometeuse tamén a estar só dous mandatos no cargo porque, dixo “Cs Lugo é partidario da limitación de mandatos e da renovación nos cargos públicos para que entre aire fresco nas institucións”. Defendeu que “Cidadáns veu á política para rexenerar as institucións e acabar coa corrupción e os privilexios”, dixo,

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Cuen Tedás
    Mai 22, 2019 - 10:48 AM

    Sinto verdadeira lástima dos que seguen a un partido que comezou declarándose social – demócrata, logo de centro – liberal e que agora se declara substituto do PP, partido que englobaba toda a dereita (votantes de VOX incluídos) ata fai ben pouco. Queredes poder e punto. Sen ideoloxía. Deprimente.

    Reply
  2. Avatar
    Carlos CJ
    Mai 21, 2019 - 11:42 PM

    5 minutos le ha durado el invento, que es lo que ha tardado la policia en llegar y desalojarles de alli 😂

    Reply
  3. Avatar
    Marcela Guzmán
    Mai 21, 2019 - 11:13 PM

    Esperemos que no sea como la actual alcaldesa que interpreta “estar a pie de calle”, con tomarse foticos en los eventos para que publiquen en el periódico, pero de preocuparse verdaderamente por la ciudad y la ciudadanía, nada de nada.

    Reply
  4. Avatar
    Luis Díaz
    Mai 21, 2019 - 10:24 PM

    pues si que le gustan las perfomance a esta gente , cualquier día les vemos desfilar por la calle cual majorettes

    Reply
    • Avatar
      Xesús Feás
      Mai 21, 2019 - 10:39 PM

      Luis Díaz Las performances le gustan a toda la gente.

      Reply
    • Avatar
      Luis Díaz
      Mai 21, 2019 - 10:44 PM

      Xesús Feás cuando tienen arte , sí , esta gente llevan toda la precampaña haciendo funciones de fin de curso escolar por las calles , pero están en su derecho , yo también estoy en el mío de poder ” valorarles ” como ocasional espectador

      Reply
    • Avatar
      Xesús Feás
      Mai 21, 2019 - 11:27 PM

      Luis Díaz por supuesto!

      Reply
    • Avatar
      Iván González
      Mai 22, 2019 - 12:31 AM

      Luis Díaz tienes razón en este punto, hace falta algo más que las mencionadas “funciones de fin de curso”, en campaña todos pecan, pero en este caso más.

      Reply
    • Avatar
      Luis Díaz
      Mai 22, 2019 - 12:37 PM

      Iván González … y además continuamente la Policia Local tiene que ir a levantarles el atrezzo , pues no piden permiso como el resto de partidos por ocupación de via pública , después en la prensa dicen que ésta les persigue , en fin , lo clásico entre los nuevos tránsfugas del PP .

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo