Lugo acollerá o Campionato nacional de Street Workout coa participación de 60 deportistas

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Javier Díaz Fernández presentaron hoxe o Campionato nacional de Street Workout, que se celebrará en Lugo o día 6 de xuño.

Coa celebración deste Campionato nacional, que terá lugar entre as 11 e as 21 horas, estrearase un parque para a práctica desta modalidade deportiva, que se asemella á ximnasia deportiva, segundo se anunciou na presentación do evento, que reunirá en Lugo a uns 60 participantes procedentes de distintos puntos de España.

As instalacións para a práctica deste deporte serán ao aire libre e de uso gratuíto, tal e como destacou o Concelleiro de Deportes. O parque de Street Workout vaise instalar nas costas do Parque Rosalía de Castro e o investimento nel é de arredor de 23.000 euros.

O Street Workout é un movemento deportivo e social co que se promove a práctica do exercicio físico ao aire libre que se practica principalmente en parques públicos habilitados con barras de ximnasia empregando o propio peso corporal como lastre.

Segundo explicou o organizador do Campionato nacional, en Lugo son 28 persoas as que xa practican esta modalidade deportiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo