Lugo bate o récord de turistas na ponte do 15 de agosto

Máis de 1.700 persoas pasaron entre o pasado venres e luns pola Oficina Municipal de Turismo, un 30% máis que as mesmas datas do pasado ano. Así o indicou este martes o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen deu a coñecer que o centro de atención aos turistas da Praza do Campo atendeu nesta ponte, a máis festiva do ano, a un 47% máis de visitantes con respecto á ultima ponte, a do 25 de xullo, unha cifra récord nestas datas.

“Se as cifras do pasado ano eran boas, as deste son aínda mellores”, asegurou o edil, ao mesmo tempo que subliñou que os datos crecentes ao longo do ano avisaban dun verán histórico. Neste senso, lembrou que no pasado mes de xullo, visitaron o centro da Praza do Campo máis de 5.800 persoas, un 28% más que en xuño, un incremento que se eleva mes tras mes. O sábado foi o día que máis turistas se achegaron á Praza do Campo, máis de 500, seguido do luns 15, uns 450, atendendo o 74% dos visitantes en xornada de mañá.

Miguel Fernández quixo subliñar a consolidación do turismo nacional, posto que durante o 12, 13, 14 e 15 de agosto, pola Oficina Municipal pasaron 1.627 turistas nacionais, o que supón un 95% do total e uns 450 máis que o ano pasado. Dentro da comunidade galega, o 58% dos visitantes procedían da provincia de Pontevedra. Polo que respecta ao turismo estranxeiro, o 86% eran visitantes europeos, aínda que ata a Oficina Municipal de Tutismo tamén se desprazaron americanos. “O verán está deixando boas sensacións na cidade e esta ponte é unha proba delo”, afirmou o edil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com