" />

Lugo concéntrase contra o crime da Pastoriza

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, pediu “unidade e firmeza” de toda a sociedade contra a violencia machista despois da concentración convocada pola Subdelegación do Goberno para condenar o asasinato machista da veciña da Pastoriza, Manuela Iglesia. Na concentración participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto con outras autoridades e representantes da sociedade lucense, ademais de traballadores da Administración periférica do Estado.

A subdelegada do Goberno condenou este novo crime machista e lembrou que Manuela Iglesia Fernández é a primeira muller asasinada neste ano en Galicia e a sexta en España, cando non acabou aínda o mes de xaneiro. “Toda a sociedade ten que estar xunta e debe ser firme no rexeitamento, sen ambigüidade de ningún tipo, da violencia de xénero”, manifestou a subdelegada que fixo “unha nova chamada de atención sobre a necesidade de desterrar calquera tipo de comportamento machista”.

A subdelegada mandoulle “unha mensaxe de solidariedade e cariño a toda a súa familia a aos veciños e veciñas da Pastoriza, que están conmocionados e consternados como todos nós”. Isabel Rodríguez explicou tamén que a investigación sobre as circunstancias do suceso está dirixida polo Xulgado de Mondoñedo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo