" />

Lugo despide os restos mortais de Uxío Novoneyra

Partiron cara o Courel os restos mortais do escritor Uxío Novoneyra que permanecían enterrados no Cemiterio Municipal de Lugo. O cadaleito foi despedido ás 9:30 horas de hoxe coa presenza da familia do escritor, integrantes de todos os grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal e representantes de difrentes institucións e entidades culturais.

Co cadaleito cuberto pola bandeira galega, diversas persoas da súa familia e do tecido cultural deron lectura a poemas e fragmentos literarios da autorio do escrito do Caurel. Como inicio da viaxe o gaiteiro Bruno Villamor interpretou o Himno Nacional Galego ante os restos mortais de Uxío Novoneyra. O cadaleito foi acompañado dunha coroa de rosas brancas doada polo Concello de Lugo.

Uxío Novoneyra  faleceu aos 69 anos en Santiago de Compostela, o 30 de outubro de 1999. O velorio do gran poeta da montaña lucense celebrouse no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingo de Bonaval. Foi enterrado en Lugo o 31 de outubro, no Cemiterio de San Froilán, en Lugo, nun acto multitudinario ao que tamén estiveron grandes amigos de Novoneyra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo