Lugo é a capital galega menos transparente e está no posto 37 do estado, segundo o PP

 “Lugo é a  capital galega menos transparente e está situada no posto 37 de toda España incumprindo o 50% dos indicadores que manexa a plataforma Dyntra”, plataforma non partidista e obxectiva que traballa con datos públicos. Esta información comunicouna esta mañá o Partido Popular.

Esta situación se reflíctese nos últimos datos do grao de transparencia correspondentes ao ano 2019 e que foron publicados nos últimos meses na plataforma colaborativa que traballa na medición e xestión do goberno aberto nas organizacións e sociedade civil. Dyntra é unha ferramenta non partidista e obxectiva, basada en datos públicos xestionados por unha comunidade ampla e representativa, experta e involucrada, na implantación de modelos participativos, de medición e análisis dos organismos públicos.

Para os populares é preocupante que Lugo “non só sexa a capital galega con peor cualificación, senón que tamén se sitúe no posto 37 das 50 capitais de provincia  incumprindo 81 dos 162 indicadores entre os que destacan os relativos á planificación e organización, indicadores de urbanismo ou grao de compromiso coa cidadanía”.

O Partido Popular reclama ao bipartito que se poña en marcha e se centre en traballar para mellorar algúns dos ítems analizados por esta plataforma. “Aquí sobra as boas palabras e é necesario un compromiso forte do goberno local con respecto á transparencia, a participación e o acceso á información”.

Os populares aseguran que é cuestión de vontade política que cambie esta situación lembrando que o grupo municipal do PP “xa no ano 2014 presentou un rogo para que se crease un grupo de traballo que se encargase de redactar unha ordenanza municipal que desenvolvese a  Lei 19/2013 e, lamentablemente, non se fixo nada. Entrou en vigor a Lei en decembro de 2015 sen que se dé ni un só paso en crear esta normativa para garantir o acceso aos cidadáns da información pública”.

Os populares piden que as accións en materia de transparencia non sexan só papel mollado lembrando como Lugo, pese a formar parte dende o anos 2016 da rede de entidades locais pola transparencia e a participación cidadá non sexa quen de promover políticas reais neste eido.

Por todo isto, dende o PP instan a que a maiores de crear esta ordenanza  se cree un novo órgano de  órgano de participación directa que celebre reunións mensuais abertas aos cidadáns.

Precisamente o grupo municipal do PP suxería a constitución deste Comité de Participación Cidadá e de Calidade de servizos no que se podería invitar a representantes veciñais para que fiscalicen os acordos acadados. Ademais das asociacións veciñais, este comité estará formado polo responsable de área de participación, representantes de todos os partidos da corporación.

“Se queremos que os cidadáns confíen na administración máis cercana, se queremos que a participación e a fiscalización sexa real hai que seguir avanzando. Queremos que Lugo se salga dos últimos postos dos informes de transparencia”.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Maria D G Diaz
    Set 09, 2019 - 09:36 PM

    convenlle moito isto…os do pp?…que teñen un master en transparencia..es q es para partirse de risa

    Reply
  2. Avatar
    Montse Capón Fernández
    Set 09, 2019 - 04:54 PM

    Cousas do Pp faltaría máis

    Reply
  3. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Set 09, 2019 - 03:45 PM

    Outra PePeirada máis.

    Reply
  4. Avatar
    Lucia Barcelos
    Set 09, 2019 - 02:56 PM

    Moi borroso

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo